pedrobrandariz

pedrobrandariz

Descripción

¿QUÉN É PEDRO BRANDARIZ? Pois Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro … Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, cabaré … Este artista “polipatético” ten un amplo curriculum teatral. Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en diferentes compañías) aínda que ten traballado en compañías de teatro máis clásico, teatro infantil, etc. Tamén ten participado en espectáculos de cabaré e sobre todo como “conteiro” (monologuista por se non se entende). E esto non remata aquí pois tamén participou en varias curtas de cinema. Na súa formación ten traballado cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, … En definitiva, un actor que bebe de fontes teatrais moi diversas para ofrecer espéctaculos no que se mesturan todas esas variedades. Na actualidade podemos velo polos garitos e teatriños da xeografía galega actuando como conteiro ou cos seus espectáculos persoais. Pero ademáis traballa nas seguintes compañías. - Os Sete Magníficos + Un (compañía de clown). - Dous son Compañía (compañía de clown). - Manicómicos (compañía de clown e teatro de rúa) - Produccións Desaqueloutradas (compañía de teatro infantil e xuvenil) - DINAMO Teatro (teatro de texto). E tamén o foi de: - Clowntacontos. - Grupo Estable de teatro do Concello de Oleiros. PEDRO BRANDARIZ calidade

Leer más Leer menos



Descubre más


Comentarios

Imágen de usuario
Imágen de usuario

Bienvenido a la comunidad iVoox. Te sugerimos que recomiendes los audios que te hayan gustado para crear una comunidad de oyentes con tus mismos intereses.

Imágen de usuario

Seguidores (1)

  • Fer Lee
    SEGUIR

    Fer Lee

    17 seguidores